cartaz-troco-2010.png

Un mes máis, Pontevedra, Vigo e Compostela celebran os seus mercadiños de troco. En Vigo, as asociacións e colectivos que forman Vigotroca desenvolven o seu mercadiño mensual de troco e cesión na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, en Vigo, de 11:00 a 13:00. En Pontevedra desennvolverase coorganizado por Verdegaia e Amarante na Praza da Verdura entre as 11:00 e as 13:00 horas. En Compostela, organizado, por Verdegaia en colaboración coa Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos, celebrarase neste recinto entre as 11:30 e as 13:30

O 27 de Marzo tes unha nova cita co sentido común, a ecoloxía e o aforro. Parácheste a pensar en cantas cousas tes en casa que non utilizas? Fai limpeza, escolle aquilo que está en bo estado e vén ao mercadiño. Seguro que o que ti xa non usas, outra persoa necesítao. E ao revés: para que comprar o que podes atopar de balde? Libros, discos, roupa, electrodomésticos, informática…