AXÚDANOS A GAÑAR O CONCURSO DO INSTITUTO XEOLÓXICO MINEIRO PARA VISIBILIZAR O RISCO DE COLAPSO DAS PRESAS MINEIRAS DE SAN FINX (LOUSAME)
O Instituto Geológico y Minero
(IGME) vén de lanzar o “Concurso Día do Planeta Terra 2020” para dar a
coñecer os Lugares de Interese Xeolóxico (LIG) do Estado. As
participantes deben enviar un relato sobre algún dos LIG, entre os que
se inclúen as Minas de San Finx, en Lousame, protagonistas do
documentario “San Finx 1960” no que colaborou Verdegaia.
Decidimos participar no concurso
cun relato sobre o problema que supón o abandono das presas mineiras de
San Finx que, desde fai un ano, Xunta e Sacyr tentan facer pasar por
“instalacións hidroeléctricas” para evitar as súas obrigas de
restauración e desmantelamento.
O IGME outorgará un premio (simbólico) á “publicación que máis interaccións reciba nas redes sociais“. E esta é a ocasión das Brigadas para mostrar a nosa forza e capacidade de visibilizar un problema que moitos queren tapar.
Pedímosvos que as que teñades Twitter vaiades ao chío sobre as presas mineiras de San Finx (https://twitter.com/ApadrinaUnaRoca/status/1243832038546907136)
e o divulguedes ao máximo: gustando, retuiteando e comentando. Tamén
podedes pedir a outras persoas que fagan o mesmo usando calquera rede
social, whatsup, etc.
Confiamos que todas estexais ben, coidándo de vós e das vosas, para que
xuntas poidamos continuar a coidar da Terra tan pronto sexa posíbel.
VÉMONOS NO MONTE!