Apúntate ata o 7 de novembro

O sábado 9 de novembro terá lugar unha xornada especial en Froxán, na que adicaremos a primeira parte da mañá a visitar os avanzos de 7 anos de voluntariado ambiental coas Brigadas neste territorio a través dunha ecovisita que comezará no punto onde se lanzaron as Brigadas en abril de 2018.
A seguir continuaremos cos traballos de eliminación de rebentos de eucaliptos nunha zona de 5 hectáreas nas que plantaremos árbores e arbustos nativos o próximo inverno. Tamén aplicaremos as técnicas de permacultura para trazar liñas de infiltración de augua (“swale”) que serán executadas de xeito paralelo á plantación.
Ao finalizar teremos o tradicional xantar de albaroque.
Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 7).  Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!

A tua doazón conta!

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.