Apúntate ata o día 31 de outubro
Logo da cancelación desta xornada polo temporal, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza recupera a programación da segunda Xornada por un monte vivo que terá lugar en Leiro (Rianxo), continuando o traballo de eliminación de rebentos de eucalipto que as Brigadas xa iniciaron nunha convocatoria anterior.
A xornada está aberta á participación de todos os públicos e idades. Para vos apuntardes debedes enviar até o xoves 31 de outubro un email a info@barbanzaecosocial.org
Este é o programa da xornada:
– 9:30 Traballos comunitarios en Leiro
Punto de encontro no estacionamento do cemiterio de Leiro
– 9:30 Pintura mural no refuxio para cabras (en paralelo aos traballos comunitarios)
Na esplanada detrás da Casa reitoral de Leiro
– 12:30 Visita á plantación experimental de castiñeiros do CIF de Lourizán en Leiro
Coa intervención de: Ánxela Miguéns, presidenta da CMVMC Leiro; Beatriz Míguez Soto, técnica do CIF de Lourizán
– 13:30 Taller de transformación de madeira con aserradoiro portátil A cargo de la CMVMC Baroña
– 14:00 Demostración de pastoreo comunitario
– 14:30 Albaorque No Centro cultural Vicente Vidal
– 16:10 Presentación das recomendacións para o control de especies invasoras, elaborado pola CMVMC de Leiro
– 16:15 Presentación do libro do Laboratorio “Cando éramos sostibles”. Coa intervención de David Fontán, investigador do grupo HISTAGRA
– 16:30 Charlas e debate
Fina Fernández López, xenetista
Hai un futuro para o castiñeiro de madeira na Galiza Atlántica?
Xosé Carlos Castro García, axente facultativo ambiental da zona norte de Rianxo.
Retos para unha ordenación sostible do monte no Barbanza
Xosé Antón Araúxo, presidente da CMVMC de Couso
Modelo de xestión do monte comunal
Lucía R. Cao, Técnica da Fundación Montescola
Mobilidade comunitaria e comunidades enerxéticas
– 18:00 Peche das xornadas e fiesta e música a cargo de agrupacións locales
VÉMONOS NO MONTE !!!

A tua doazón conta!
Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.




















