As Brigadas voltan á carga nos montes veciñais do Araño e de Campelo, Vilar e Cerqueiras, desta vez nunha acción conxunta na que eliminaremos acacia negra nunha valgada no linde entre as dúas comunidades, na parte sur do Monte do Treito / Monte Muralla, coas vistas máis espectaculares da ría de Arousa. A xornada de Montescola encádrase nas actividades do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

A xornada está aberta á participación de todos os públicos e idades e ao acabar, celebraremos o tradicional albaroque. Para vos apuntardes debedes enviar até o xoves 10 de xullo un email a info@montescola.org

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 10.  Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!

A tua doazón conta!

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.