im000623.jpgUnha vez máis xuntámonos o sábado 15 de novembro para traballar o tema do Consumo Responsable. Xa é un tema coñecido e traballado noutras ocasións, pero nesta ocasión quixemos tratalo dende a óptica dun xogo de taboleiro.

Despois das presentacións aos novos cogunen@s que recibimos este mes, seguimos medrando a nosa cogufamilia…, e a nosa nova compañeira Isabel; fixemos un balance para comprobar se todos sabiamos o que é o consumo responsable e ver se realmente somos uns bos consumidores responsables. A verdade é que temos verdadeiras xoias entre nós…

Organizámonos en grupos e cada un tivo que ir contestando a diversas preguntas e superando probas relacionadas co consumo que nos fixeron pensar e aprender novas cousas a máis de un.

Sabiades que na Praza de Abastos podiamos atopar laranxas de África e de Sevilla ao mesmo prezo? A costa de quen?; Que podemos arranxar a noso paraugas estragado polo tempo santiagués mentres facemos a compra por uns poucos cartos? Que boa idea!! ; Que na nosa cidade podemos saborear aínda dun bo pan e unhas boas galletas artesanais feitas con produtos naturais? Umm… Que estando rodeados de hortas foinos moi difícil atopar unhas boas noces do país nesta época, pero si de Francia ou California?; Que a nosa roupa tivo que viaxar miles de quilómetros ata chegar as nosas mans?

Todas estas preguntas que nos foron xurdindo fixéronnos reflexionar na importancia que teñen as nosas decisións como consumidores.

Está nas nosas mans facer un pequeno cambio.

Animádevos a ser uns mellores consumidores responsables!!!!