gandarasnovembrpeqe.jpgVerdegaia organiza no vindeiro domingo 25 de novembro un roteiro guiado polas Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro. Iremos en bus dende Vigo. Sairá ás 10:15 da igrexa de Bouzas e parará ás 10:25 no Hotel Bahía, ás 10:30 na Clínica Concheiro (Avenida de Madrid) e ás 10:45 na Avenida da Galiza do Porriño (parada de autocarros). 

Cómpre levar comida e roupa axeitada. Se non cae a cachón ficaremos até o serán. O prezo do bus é de 6 €  sendo imprescindíbel a anotación previa no telefone 637295830 (até o dia 23, sexta feira, ao mediodía). Pregamos que, na medida do posíbel, todos os que teñades intención de ir fagades uso do bus que pomos a vosa disposición. O roteiro comezará en Orbenlle sobre as 11:00 e rematará na lagoa de Budiño.

Durante o roteiro, de dificultade baixa, ollaremos os principais ecosistemas da área natural: turbeiras, gándaras, lagoas e bosques de ribeira e a flora e fauna que alí vive. Tamén falaremos das dificultades para a súa conservación, ben como da redución da superficie incluída como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) na Rede Natura.

Se tedes, levade prismáticos. Tamén é unha época moi boa para tirardes fermosas fotos.