clin_d_oeil.jpgComeza un novo ano e voltan os roteiros do núcleo comarcal de Pontevedra. Este ano pretendemos enfocar a nosa estancia no campo a coñecer e aprender máis sobre a fauna e a flora que nos rodea; non desexamos que un roteiro se convirta nun simple paseo polo medio natural. Polo tanto, cada roteiro irá dirixido á coñecer máis sobre unha especie o un grupo de especies en concreto. A exitosa experiencia pola senda na memoria do lobo rematada cunha ponencia sobre a conservación da especie á que asistiron case 40 persoas nos deixou bo sabor de boca e nos animou a seguir nesa dirección.

O próximo día 22 de xaneiro terá lugar o roteiro NOCTUA orientado a escoitar  aves nocturnas como a Curuxa (Tyto alba), a Avelaiona (Stryx aluco) e o Moucho (Athene noctua). Os interesados en participar deberán presentarse ás 19h diante do pavillón de deportes de Pontevedra ou ás 19h30 diante da escola naval de Marín. O roteiro ten un percorrido circular duns 6 km, unha duración aproximada dunha hora e media e será guiado polo ornitólogo especialista en aves rapaces: Juan Carlos Epifanio. Máis información: pontevedra(a)verdegaia.org

pastoriza.jpg