12 Meses, 12 Saberes – Unha campaña anual para dar a coñecer o noso patrimonio

O sábado 31 de agosto imos realizar un roteiro nas Gándaras de Budiño, un espazo natural catalogado como ZEC (Zona de especial conservación) que constitúe unha das principais concentracións de lagoas do país.

Ao longo de 3,5 quilómetros, nun paseo de dificuldade baixa, percorreremos a zona limítrofe entre os concellos do Porriño e de Salceda de Caselas, onde poderemos observar diversos hábitats prioritarios como os bosques asolagados e os prados higrófilos.

O eixo do roteiro será entender como a dinámica xeolóxica foi a responsable de crear ao longo do tempo as condicións propicias para que se desenvolvesen os ecosistemas tan interesantes que hoxe en día caracterizan as Gándaras.

Seguramente cruzarémonos con libélulas e cabaliños do demo, así que prepárate para sacar fotos!

Data: sábado 31 de agosto, de 10 a 13h.

Punto de encontro: Cerquido – 42°05’27.0″N 8°37’37.9″W

Inscrición: a inscrición é gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando o nome de cada persoa, un número de teléfono e especificando se algunha é menor de 14 anos.