Vamos realizar un roteiro pola costa de Cangas para coñecer algunhas das Especies invasoras que ameazan os ecosistemas autóctonos.

As Especies exóticas invasoras (EEI) son a segunda principal causa de perda de biodiversidade, xusto despois da destrución de hábitats. Neste roteiro aprenderemos a identificar algunhas das especies máis perigosas así como o método que se debe seguir para eliminar cada unha delas.

Esta actividade está inserida no proxecto de Monte a Monte: Territorios Resilientes, financiado polo programa Erasmus+ da UE, no que participamos conxuntamente coa Fundación Montescola e Assoaciação Veredas da Estrela.

  • Data: sábado 30 de agosto, de 11:00 a 13:30h.
  • Punto de encontro: Estación marítima de Cangas
  • Dificultade: baixa: 3 km

Inscrición: até o 27 de agosto, gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando un número de teléfono, o nome de cada persoa, e especificando se algunha é menor de 14 anos.