Verdegaia organiza un roteiro de iniciación á identificación de Especies exóticas invasoras o vindeiro Domingo 01 de Maio no Porriño

As Especies exóticas invasoras (EEI) son a segunda principal causa de perda de biodiversidade, xusto despois da destrución de hábitats polo que é importante coñecer como identificalas e como xestionalas.

Neste roteiro aprenderemos a identificar algunhas das especies máis perigosas para o ecosistema do río Louro ao seu paso polo Porriño.

Nun curto paseo de aproximadamente unha hora identificaremos oito das EEI que proliferan nas marxes do principal río da Comarca da Louriña.

Tamén poderemos observar como estas plantas se veñen estendendo nos últimos anos desprazando as especies autóctonas.

A participación é gratuíta e cada participante recibirá un tríptico coa localización de cada unha das especies invasoras para que posteriormente poida realizar as súas propias observacións.

  • Data: 01-05-2022
  • Hora: 11:00
  • Duración: 1 hora
  • Dificuldade: moi facil
  • Punto de inicio: Av. Buenos Aires (O Porriño), a carón do río Louro
  • + info: info@verdegaia.org