Na actividade deste mes da campaña 12 meses, 12 saberes imos realizar un roteiro polo interior da cidade de Pontevedra para facer un inventario da vexetación. Pero buscaremos as plantas “salvaxes”, polo que non visitaremos nin parques nin xardíns: o noso obxectivo serán os muros, as paredes dos edificios, as beirarrúas e rúas do centro da cidade.

Buscaremos naqueles lugares onde as plantas son consideradas o “inimigo”, porque xa veremos que son lugares onde periodicamente son arrincadas, cortadas e regadas con herbicida.

Unha actividade distinta. De descubrimento. De darlle valor a ese mundo natural que sempre pelexa por asomar, moitas veces nos lugares máis insospeitados. Se hai sorte, poderemos ver nébeda, coantriño, valeriana, escrofularia…. e moito máis!

  • Data: domingo 02 de novembro, de 11:00 a 13:30
  • Dificultade: baixa – 3 quilómetros

Inscrición: gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando un número de teléfono, o nome de cada persoa, e especificando se algunha é menor de 14 anos.