O domingo 14 de decembro organizamos unha andaina pola comarca da Limia, zona na que existiu unha das maiores lagoas da Península Ibérica, a lagoa de Antela, que foi desecada a partir dos anos 50.
O noso obxectivo será visitar unha área próxima ó terreos que ocupou a lagoa de Antela: as areeiras de Sandiás. Aprenderemos o proceso de restauración ambiental que se ten realizado nalgunhas desas areeiras e posiblemente observemos lavancos, corvos mariños reais, garzas cincentas, garzas brancas, lontras e visóns americanos, salgueiros, freixos, cerquiños,… entre outras especies de fauna e flora.
- Data: domingo 14 de decembro, de 10:30 a 13:30
- Dificultade: baixa – 3 km
.Inscrición: gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando un número de teléfono,o nome de cada persoa, e especificando se algunha é menor de 14 anos.




















