Este sábado 22 de Febreiro seguimos coas actividades de restauración ambiental do río Fonteliño, desta feita con actividades orientadas especialmente aos máis novos.

Aproveitando que moitas especies de árbores están a punto de empezar a dar follas, imos realizar unha plantación na zona próxima ao río: amieiros, abeleiras, castañeiros e incluso un acivro con 2 metros de altura.

Cada participante poderá escoller un exemplar da especie que máis lle guste e apadriñar a árbore: será o encargado de plantala (con axuda dos monitores),de darlle un nome e recibirá periodicamente fotos e información de como evoluciona a ‘súa’ arboriña.

A organización levará luvas e as ferramentas necesarias

Inscricións: ata o día anterior a cada actividade, en vigo@verdegaia.org ou no 691 657 039