Revoltallo audiovisual 2014.

Chega xa o Revoltallo audiovisual, con programa definitivo.

Xuntamos a información sobre este ciclo que desta volta vai ser aínda máis práctico e participativo que na anterior edición. cartaz revoltallo

Despois de varios anos de experiencia partillada entre A Xuntanza, Amarante e Verdegaia cos ciclos “Coñecer para cambiar” e “Filmar para cambiar”, nesta ocasión queremos proporvos algo máis que a posición de meras persoas espectadoras.É por iso que ademais de repetir o concurso de curtas de temática social e ambiental, incluímos unha mesa redonda sobre o valor do audiovisual e un obradoiro práctico de vídeos “activistas”.

Agardamos vervos durante estas sesións, pois será a vosa presenza a que dará contido e utilidade ao ciclo. Podedes descargar o programa aquí.