Na actividade do pasado 15 de febreiro da campaña 12 Meses, 12 Saberes realizada na praia de Abra (Nigrán), puidemos observar a enorme cantidade de residuos que o mar achega ás nosas praias.

Reflexionamos sobre a orixe deses residuos, entre os que destacan os plásticos, e o dano que provocan aos ecosistemas. Á fauna que os inxere ata á flora que contamina.

Coincidimos con un Axente ambiental que, ademais de felicitarnos pola iniciativa, comentounos que estaba vixiando a costa porque onte activaron unha alerta pola presencia de pellets. E efectivamente, na foto podes observar como os pellets pasan case desapercibidos se non se observa atentamente.

Pellets, poliespán, redes,.. ata cando seguirán contaminando os nosos mares?