

Dividimos o proxecto en distintas áreas temáticas:
¨ Consumo, reducción, reutilización e reciclaxe: Fixemos actividades que ían desde charlas sobre o consumo responsable, xogos para aprender a reciclar, traballos manuais onde construimos o noso propio material para tódalas actividades, reutilizando materiais usados e, tamén se fixo unha actividade de reciclado de papel.
¨ Contaminación e a importancia da función da vexetación no control dese proceso: Constou de dúas partes, unha actividade de interior onde se falou sobre a contaminación e se explicou a función da vexetación e, unha segunda que consistiu nunha senda botánica onde observamos as árbores e os liques (importantes como medidores de contaminación).
¨ Viveiro: fixemos actividades propias dun viveiro: plantación de sementes, plantación de árbores, labores de limpeza , de rega, etc.
¨ Rede natura e a importancia da conservación dos espacios naturais: Levamos ós nenos a un roteiro explicativo polas Gándaras de Budiño e as ribeiras do Louro, onde poideron aprender sobre a flora e a fauna (ollamos garzas, patos, sapoconchos ,….) e sobre a importancia de evitar a degradación destes lugares.
¨ Augas mariñas: Nesta actividade o que se pretendeu foi explicar as distintas partes da praia e observar a vexetación e a fauna, así como a zona de dunas. Os nen@s aprenderon a delimitar as distintas zonas que podemos ollar nunha praia e o tipo de flora e fauna que poden atopar en cada unha delas. Fíxose un roteiro pola praia da Fontaiña.
¨ Augas continentais, o río e a vexetación de ribeira: Escolleuse a zona de Zamáns, onde se estudou a vexetación de ribeira, realizouse o Proxecto Ríos e, tamén se estudou a importancia dos muiños na cultura galega. Poidemos ollar na zona dous tipos de muiños distintos, de canle e de cubo, dos que se lles explicou todo o proceso da moenda.