13:15 – encendido da iluminación do Estadio de Balaídos para o partido do Celta que se realizou entre as 14:00 e as 15:50
19:30 – encendido da iluminación da ponte de Rande
20:30 – encendido do alumeado da festa que as persoas cristiás chaman Nadal
As luces, tamén de día
Sorpréndete ver os focos encendidos de día cando vas ver o teu equipo? O alumeado está ao servizo da produción de televisión e debe estar funcionando incluso cando está asollado. Para unha retransmisión óptima, é importante que nos partidos que se xogan de día as luces dos estadios reduzan a atenuación dos contrastes entre sol e sombra. Por iso, no caso dos encontros diúrnos a iluminación deberá estar ao 100% cando menos 45 minutos antes do comezo do partido (60 se se retransmite en tecnoloxía 4K).*1
Rande agranda de noite a súa silueta icónica
Desde Audasa aseguran que as novas luces obedecen a un cambio na normativa á que se axustaron aproveitando a ampliación da ponte. Defenden que non se trata dunha iluminación ornamental, senón necesaria tralas últimas obras en Rande. *2
“Damos por empezada la Navidad en todo el Planeta”
Como de costume, os primeiros minutos do Nadal de Vigo tiveron como protagonista a enorme árbore luminosa, pero todo o centro da cidade vestiuse xa de Nadal cos grandes atractivos da bóla xigante, o agasallo ou o boneco xa operativos, así como o regreso da enorme nora situada no cruce de Colón con Areal e o mercado de Nadal da Alameda, que crece ata as 100 casetas. A todos eles súmase como novidade un castelo luminoso conectado a través dunha alfombra vermella co abeto luminoso de Policarpo Sanz.
Tralo acendido, chegou a chuvia de confeti, de serpentinas coas cores da bandeira de Vigo e con neve artificial porque “cuando nieva en Vigo nieva “in the proper way”. Dada por inaugurado o Nadal en “todo el Planeta”, Caballero non dubidou en pedir ao público asistente que alzaran a súa mirada cara ao ceo porque “encima de Vigo está la Estación Espacial Internacional y en este momento todos los que están allí están enfocando y viendo las luces de Navidad de Vigo”. Tamén, segundo Caballero, “La luz de la Navida de Vigo lo ocupa todo”. *3
Non sei… sentímonos ínfimas, insignificantes ante tal descomunal manifestación de indiferenza, ignorancia e idolatría dun pobo que as crónicas din que un dia foi bo e xeneroso pero cada día nos parece máis un grupo de “iñorantes, féridos e duros, imbéciles e escuros”.
Había que facer algo pero estamos desanimadas…
*1 https://elpais.com/elpais/2019/01/08/album/1546952706_120772.html#foto_gal_12
*2 http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2020/05/21/rande-agranda-noche-silueta-iconica-15196408.html
*3 https://metropolitano.gal/enfoque/vigo-enciende-la-navidad-2021-susana-rodriguez-gacio/