O Sábado 11 de Outubro coa cooperativa Árbore ás 11h. na sede da Cooperativa, na rúa López Mora, 30, Vigo

Documentario de Rafael Xaneiro, producido por Verdegaia coa colaboración da Fundação Montescola e o apoio da Deputación da Coruña. Presenta as “Brigadas Deseucaliptizadoras”, iniciativa de voluntariado ambiental para eliminación de especies exóticas invasoras que iniciou o seu traballo en Froxán (Lousame) en abril de 2018. As Brigadas foron recoñecidas con numerosos premios e a inciativa é exemplo de loita contra o lume e a expansión de especies exóticas invasoras como o eucalipto e acacia e divulgada a través de artigos científicos e medios de comunicación. O proxecto internacionalizouse coa participación en proxectos Erasmus+ financiados pola UE en colaboración con entidades portuguesas:

Na actualidade conta cunha base de datos de 1.500 brigadistas que dan o seu apoio a iniciativas en terrenos nos que se queren eliminar estas especies.

O vídeo tamén pode verse no canal de youtube de Verdegaia.

Queres colaborar coas Brigadas?

Inscríbete

A tua doazón conta!

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.