O Sábado 17 de Maio co Colectivo a Rula, ás 19h. no Local social do colectivo en Agoso, Oza (Teo)
Documentario de Rafael Xaneiro, producido por Verdegaia coa colaboración da Fundação Montescola e o apoio da Deputación da Coruña. Presenta as “Brigadas Deseucaliptizadoras”, iniciativa de voluntariado ambiental para eliminación de especies exóticas invasoras que iniciou o seu traballo en Froxán (Lousame) en abril de 2018. As Brigadas foron recoñecidas con numerosos premios e a inciativa é exemplo de loita contra o lume e a expansión de especies exóticas invasoras como o eucalipto e acacia e divulgada a través de artigos científicos e medios de comunicación. O proxecto internacionalizouse coa participación en proxectos Erasmus+ financiados pola UE en colaboración con entidades portuguesas:
- Vemo-nos no Monte 2021-2023 (coa Fundação Montescola e a Associação À Escuta)
- De Monte a Monte 2024-2026 (coa Fundação Montescola e a Associação Veredas da Estrela)
Na actualidade conta cunha base de datos de 1.500 brigadistas que dan o seu apoio a iniciativas en terrenos nos que se queren eliminar estas especies.
O vídeo pode verse no canal de youtube de Verdegaia.
Queres colaborar coas Brigadas?
Inscríbete
https://verdegaia.org/brigadas/como-participar
A tua doazón conta!
Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.





















