O pasado xoves 19 de novembro, o núcleo comarcal de Verdegaia en Pontevedra organizou unha tertulia sobre dereitos dos animais e convidou aos membros do colectivo "Os Palleiros ", actuais xestores desinteresados da canceira de Pontevedra. Unhas 20 persoas participaron nun diálogo que durou case dúas horas.

A19112009293.jpg tertulia iniciouse cunha exposición sobre a ambigüedade da lexislación europea, estatal e autonómica que regula o benestar animal; feito de especial relevancia xa que actualmente moitos casos de maltrato animal quedan impunes ou insuficientemente penados. Sobre esta base, abríuse un debate co fin de impulsar un movemento que sirva de presión ás administracións de cara a obter unha lexislación máis firme e máis concisa. O obxetivo é unha unión dos colectivos interesados e unha boa coordinación para lograr metas comúns.

Non faltaron momentos de discusión e intercambio de ideas sobre a xestión da fauna urbana 19112009292.jpge sobre a problemática que esta pode xerar ás especies silvestres. Tamen se relataron casos recentes de maltrato e abandono animal, se falou de especies invasoras, do ambicioso proxecto da creación dunha protectora previsto polo concello de Pontevedra e outros temas diversos.

Remata aquí a sesión de tertulias do ano, pero en xaneiro de 2010 voltarán máis e terán lugar como de habitude o 3º xoves de cada mes ás 20h30 con local a definir.