manolopipasO núcleo comarcal Verdegaia en Ourense presentou o mércores 27 de decembro, ás 20:00h no Café Trampitán na Praza Maior, o libro Viaxe Ao País das Nubes. O autor, Manolo Pipas, membro do grupo GAIM (Grupo de Apoio @s Indíxenas Magonistas), deunos a coñecer entre poemas, reflexións e coloquios parte da cruenta situación na que as comunidades indíxenas mexicás están a desenvolver a súa longa e digna loita dende a resistencia pacífica. Ademais o grupo de cantareiras Xestreu amenizou o acto cunha actuación musical.