26956.jpgSerá o próximo domingo, 6 de novembro, ás 11.30 horas (agardaremos ata a chegada do barco dende Vigo +/- ás 11:45) Trátase dun acto para reivindicar un mellor uso dos nosos camiños tradicionais, en este caso, como vía de comunicación e senda de lecer entre os concellos de Cangas e Moaña. O percorrido atravesa un auténtico parque insertado no territorio. Un parque cheo de paisaxe ao interno do cal, discurre esta fermosa vía tradicional coñecida como "Camiño Real". Moitas veces, utilizar as infraestructuras que xa temos axeitadamente, evita novas e dispendiosas obras. Este é o caso deste camiño que discurre por Tirán, unha xoia que perviviu ata hoxe como parte da nosa paisaxe cultural e que diferentes proxectos pretenden desvirtuar. A intención é darlle vida.

Esta convocatoria forma parte dun proceso de participación cos veciños no que se pretende pór motivos para mellorar as cousas sen destruílas.   Esta marcha está indicada para calquera persoa, xa que a distancia será de 5.500 metros (que separan as estacións marítimas de Moaña e Cangas). Queremos amosar unha ruta segura e amable para ir de Cangas a Moaña sen necesidade de usar o coche e sen correr riscos circulando por estradas sen espacios específicos para a bicicleta. Poderemos experimentar o pracer de chegarmos en menos tempo (se contamos o tempo de estacionamento); ademáis iremos máis seguros, aforrando con cada pedalada e mellorando a nosa saúde e sociabilidade.  

máis info e plano en: https://sites.google.com/site/mobilidadeparatodos/as-ultimas-novas