Organizado no marco do ciclo de cinema “Coñecer para Cambiar” por AAVV Xuntanza, Amarante e Verdegaia
O vindeiro mércores día 22 de maio terá lugar en Compostela a proxección das curtas enviadas ao certame “Filmar para Cambiar” que organizan as asociacións A Xuntanza, Amarante e Verdegaia.
As curtas seleccionadas para a proxección son as seguintes:
- “Pedigree”, IES Manuel García Barros de A Estrada
- “Historia de un hombre muerto”, Daniel Ibáñez Campos
- “Terra, mar e xente”, IES Maximino Romero de Lema de Baio
- “Lasaña Nueva Delhi”, María Carmen Carballeira, Tamara Coello García e Sabela Pernas Soto
- “Deu centímetres més a prop del cel”, Raquel Rei Branco
- “Aforradores. A estafa das Participacións Preferentes e Subordinadas”, Emmanuel Barbazán
- “Sombras”, Daniel Suárez García
A entrada é de balde e até completar o aforo. O público asistente elixirá co seu voto a curta gañadora, que obterá unha cesta de productos de comercio xusto e outra de productos de horta de producción local e agroecolóxica.
A proxección será o mércores 22 de maio ás 20h no local da Asociación Veciñal A Xuntanza (Corredoira das Fraguas, 37).