Verdegaia-Ourense convídate á proxección do documental “O salario do silencio”, sobre a planta regasificadora que  REGANOSA construiu na ría de Ferrol. Será, , no local do Centro Social “A Esmorga”na rúa Telleira 9 o mércores 11 de xullo ás 21:00 h.. Logo da proxección, haberá unha mesa redonda coa presenza do directore, Enrique Banet, da produtora executiva, a actriz Mabel Ribera, e dun representante do Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol.

“O salario do silencio” é un traballo documental que pretende aportar unha información obxectiva e contrastada sobre a problemática da planta regasificadora construída dentro da ría ferrolá, na parroquia de Meá (Mugardos). Quere axudar a romper o silencio que sempre rodeou a esta instalación e informar de cómo se levan a cabo certos proxectos empresariais ou urbanísticos que poden afectar gravemente a toda a cidadanía, á que nunca se lle consulta sobre decisións que atentan impunemente contra as súas vidas, o seu contorno e, sobre todo, a súa seguridade.