Verdegaia e Salvar la Selva organizan a proxección do documental Salmonopoly: A fiebre do salmón este venres 27 de maio ás 20:00 no Centro Social de Boiro. Este documental alemán, dirixido por Wilfried Huismann e Arno Schumann no 2010, investiga as actividades da empresa salmoneira máis grande do mundo, Marine Harvest, e do seu propietario, John Friedriksen. Malia pretender presentarse como unha empresa "verde, esta empresa é responsábel do desastre ecolóxico que a explotación do salmón ten xerado en Chile: toneladas de antibióticos, pesticidas, insecticidas e tranquilizantes contaminaron o océano e destruído a flora e a fauna. Os pescadores artesanais xa non teñen que pescar. E, peor aínda, o 90% da pesca das costas chilenas terminan sendo utilizada para fabricar fariña de peixe onde se lle transforma en alimentos para os peixes.
Related Posts

DENUNCIA
Entradas Facebook
2 días fai
Deseucaliptización en Contimunde, Cuvela e Rois, 7 de febreiro
As #BrigadasDeseucaliptizadoras continúan apoiando o procecto Erasmus+ no que colaboramos coa @montescola e @veredasdaestrela nunha xornada de participación comunitaria en Rois
www.verdegaia.org/wp/deseucaliptizacion-en-contimunde-cuvela-e-rois-31-de-xaneiro/
... Ver máisVer menos
4 días fai
Deseucaliptización en Contimunde, Cuvela e Rois, 7 de febreiro
As #BrigadasDeseucaliptizadoras continúan apoiando o procecto Erasmus+ no que colaboramos coa Fundación Montescola e Veredas da Estrela nunha xornada de participación comunitaria en Rois
... Ver máisVer menos
Deseucaliptización en Contimunde, Cuvela e Rois, 7 de febreiro - Verdegaia
www.verdegaia.org
O 31 de xaneiro voltamos ao Monte Veciñal de Contimunde, Cuvela e Rois, deseucaliptizando nunha zona na que a Comunidade está traballando para recuperar hábitats de carballeiras e bosque de ribeira


















