Este luns, 26 de febreiro, Verdegaia Ferrol, presentou unha serie de consideracións e propostas a todos os partidos municipais que concorren ás vindeiras eleccións municipais. O noso propósito é intentar que os principios baseados no ecoloxismo social que defendemos sexan reflectidos nos programas electoriais e máis adiante na política municipal do concello. Asemade, queremos facer uso dun dereito fundamental : a participación cidadá ferramenta imprescindíbel para unha democracia madura e sana. Verdegaia non descarta  presentar estas propostas noutros concellos galegos.

As propostas van referidas a: tráfico, transporte, mobilidade e sostenibilidade; urbanismo;protección do litoral, promoción emprego verde e finalmente aforro enerxético.

Descarga as propostas: propostas para os partidos políticos 2007.doc