Mañá sairá ao monte a primeira Brigada deseucaliptizadora. Será no monte de Froxán, Lousame.
Agradecemos a xenerosidade de tódalas persoas que se anotaron para formar parte desta primeira brigada.
A cita será ás 10 da mañá, neste punto, onde poderedes estacionar sen problema, ao pe dun gran eucalipto mesmo antes de entrar na aldea pola parte norte.
Comezaremos os traballos de mañá ás 10.30 neste outro lugar, ben perto da aldea. Alí machacaremos manualmente brotes de eucalipto e plantaremos frondosas autóctonas sobre un eucaliptal que foi rozado mecanicamente pola comunidade.
Sobre as 13.30 pararemos para xantar, de volta na aldea.
Despois de comer e descansar iremos para a parte alta do monte, onde retiraremos eucalipto e piñeiro de Monterrey dunha braña/turbeira que foi drenada nos anos 70.
Botaremos alí unhas 3 horas antes de finalizar a xornada.
Aquelas persoas que vos apuntastes, lembrade que é importante vir con calzado e roupa apropiada para o monte. Está previsto un tempo excelente, pero na parte alta pode haber zonas de lameira. Teremos luva e ferramenta, aínda que se alguén quere traer as súas propias non hai problema.
Graciñas novamente e vémonos no monte!