caderno-transprote_crisis.jpgNa nosa sociedade as grandes infraestruturas de transporte gozan dun enorme grao de aceptación. Con todo, esta valoración baséase nun bo número de tópicos e mitos que asignan ás infraestruturas un papel chave no desenvolvemento económico, na creación de emprego e no reequilibrio territorial, algo que, a miúdo, non ten correspondencia coa realidade. Doutra banda, o transporte é un sector moi propicio para os megaproxectos, que case sempre se acometen con tanta cantidade de fondos públicos como escasa xustificación e participación cidadá, abrindo moitas posibilidades de comisións e outras irregularidades. Ambos os factores mencionados, unidos aos réditos políticos e mediáticos que leva a súa construción, fixeron que no Estado español cheguemos a unha situación de desmesura na dotación de infraestruturas de transporte moi difícil de entender desde unha óptica racional.

Eis o texto introdutorio do caderno nº 20 de Ecologistas en Acción titulado Infraestruturas de transporte e crise. Mitos e realidade que Verdegaia presenta agora traducido.

Neste cadermos desmóntase un dos mitos máis recurrentes da nosa sociedade conforme a construción de grandes infraestruturas de transporte xeran riqueza, postos de traballo e grandes beneficios “per se”para a sociedade. 

Unha lectura moi recomendable e de plena actualidade