Lasaña Nueva DelhíO pasado 22 de maio, tivo lugar en Compostela a proxección das curtas enviadas ao certame Filmar para Cambiar que organizan as asociacións Amarante, AA VV A Xuntanza e Verdegaia no marco do ciclo de cinema Coñecer para Cambiar. As curtametraxes proxectadas foron:Pedigree, Taller de Creación Artística, IES Manuel García Barros de A Estrada

  1. Historia de un hombre muerto, Daniel Ibáñez Campos
  2. Terra, mar e xente, IES Maximino Romero Lema de Baio
  3. Lasaña Nueva Delhi, Sabela Pernas Soto, Tamara Coello García e María Carmen Carballeira
  4. Deu centímetres més a prop del cel, Raquel Rei Branco
  5. Aforradores. A estafa das Participacións Preferentes e Subordinadas”, Emmanuel Barbazán
  6. Sombras, Daniel Suárez García

Por votación do público, as curtametraxes gañadoras do certame son:

  1. Lasaña Nueva Delhi, Sabela Pernas Soto, Tamara Coello García e María Carmen Carballeira
  2. Deu centímetres més a prop del cel, Raquel Rei Branco
  3. Pedigree, Taller de Creación Artística do IES Manuel García Barros (A Estrada)

Os premios consistiron en produtos de comercio xusto e produtos de horta. O carácter simbólico destes premios está relacionado coas liñas de traballo dos colectivos organizadores. Por unha banda, reivindicamos o comercio xusto para aqueles produtos que importamos do exterior e que non podemos producir localmente, para que as persoas productoras teñan unha remuneración xusta polo seu traballo e que poidan desempeñar as tarefas produtivas en condicións socioeconómicas xustas e saudables. Por outra banda, defendemos o dereito dos pobos a decidir sobre o xeito de producir os seus propios alimentos en condicións o máis sustentables posible, tanto nos aspectos socioeconómicos como nos ambientais.

En definitiva, pretendemos concienciar sobre a importancia da escolla respecto dos alimentos que consumimos, xa que coa cesta da compra podemos optar por financiar modelos sociais máis sustentables e saudables có modelo industrial, altamente agresivo coa natureza e coas persoas. Polo tanto consideramos que a nosa alimentación tamén é unha ferramenta de transformación social.

Lasaña Nueva Delhi amosa una reflexión sobre o actual modelo de consumo das sociedades occidentais e de como “a mala ou inexistente xestión dos residuos afecta non só ao territorio no que se producen, senón que tamén degrada o medio ambiente e as condicións de vida de colectivos humanos en países en vía de desenvolvemento, pois son os últimos receptores dos residuos e os que os reintegran ao sistema produtivo logo duns procesos de “reciclaxe” pouco efectivos e perigosos para a saúde”.

As súas autoras combinaron as diferentes disciplinas das que proceden para a creación desta peza. Sabela Pernas ten unha consagrada traxectoria no mundo audiovisual, imparte aulas na Escola de Producción Audiovisual O Raio Verde e traballa no proxecto VideodinamizARTE. Foi finalista en Cans 2012 con Sefa Sound System e as súas obras Ciclo combinado e Take your time foron premiadas no Galiza Crea 2009 e 2006, e ademais de codirixir obras como Road to Gibara (seleccionada no Festival de Cine Pobre de Humberto Solás, Cuba, 2010), colaborar no proxecto TxalaBilbote (seleccionado para o Jet Lag Bio 2011), dirixir Inmyself (seleccionado no CidadeaTravessa 2011 de Rio de Janeiro, Sao Paulo e Lisboa) e Mundo Bazar, fundou e forma parte do colectivo de mulleres cineastas W.IN.C.films de Londres.

Tamara Coello, enxeñeira química, e María Carmen Carballeira, arquitecta, unen a súa experiencia no sector ambiental para dar contido á peza xunto con Sabela Pernas. As tres autoras teñen o firme convencemento de que “a concienciación social é o soporte básico no que se sustenta o cambio a un modelo económico máis sostible e xusto”, e así o amosan na obra gañadora deste certame, que dende o humor e a ironía denuncia unha terrible realidade provocada polos nosos hábitos de consumo.

Dez centímetros máis perto do ceo, dirixida por Raquel Rei, reflexiona sobre a construción do xénero a partir dos zapatos de tacón. “De todos os elementos que se identifican coas mulleres na nosa sociedade, probablemente os zapatos de tacón están entre os máis significativos. E aínda que non podemos entrevistalos ¿que pasaría si convertésemos os tacóns nos protagonistas dun filme? “Deu centímetres més a prop del cel” móstrase como un documental reflexivo de quen mira uns zapatos de tacón e ve unha oportunidade para falar sobre a construción do xénero. Da man da propia directora e acompañada por unha deseñadora de calzado, un podólogo, un deseñador de moda, unha activista feminista, dúas ex-traballadoras do sexo e unha socióloga, o documental emprende unha viaxe para entender ¿por que para ser máis guapas e máis femininas temos que usar tacóns?”.

Raquel Rei realizou esta curtametraxe como estudante do Mestrado Internacional en Documental na Escola de Cinema de Barcelona, onde reside actualmente, pero ten xa unha ampla traxectoria no audiovisual. No 2008 crea, xunto a Andrea Nunes, o colectivo poético-audiovisual As Candongas do Quirombo. Os videopoemas son a súa marca de identidade creando pezas como Cadeas non Apresan, Ceiban Loitas, Helena a Escuras, Coda, Todas as Mulleres que Fun, gañadora de varios premios, e Peça per Peça, que forma parte do filme colectivo Ferida Arrel: María-Mercé Marçal. Buscando novas formas de expresión no 2010 producen A Memoria da Lingua e no 2011 crean Microdocus: do Mar e Outros Ladrillos, curtas documentais de denuncia ambiental centrados na Galiza. Todas as obras das candongas pódense ver en internet en: http://vimeo.com/ascandongas e na páxina persoal de Raquel Rei: http://raquelreibranco.wix.com/raquelrei

Pedigree é un proxecto colectivo do Taller de Creación Artística do IES Manuel García Barros de A Estrada, posto en marcha polo profesor de música Miguel Carbajal, e pretende crear conciencia sobre o trato aos animais. “¿Por que a maioría de cans que son abandonados carecen de pedigree e, pola contra, os touros que morren nas prazas dunha maneira brutal son os de mellor liña xenética ou pedigree? Somos o absurdo dos absurdos”.

O proxecto concretouse nun libro/dvd con relatos relacionados cos animais e inclúe a curtametraxe, o making of e un pequeno documental da canceira municipal de Cambados de onde proceden as imaxes finais da curta. A obra pódese adquirir no propio instituto, en librerías de A Estrada e na Cruz Vermella da vila, organización á que destinarán todo o recadado para colaborar nos proxectos sociais de axuda a familias en situacións críticas. Igualmente, dende o ano 2004 veñen traballando noutros proxectos artísticos e educativos recoñecidos e premiados en diferentes convocatorias: Premios á Acción Maxistral; Premio Crearte; Premios á Innovación Educativa; Premios de Teatro Buero Vallejo; Premios de Teatro do Miño, Galiza e Portugal e Teatro na Vangarda. Todos estes traballos fanse de maneira altruista e maioritariamente extraescolar. Deixamos enlace a algunhas das súas creacións: Dairas, Animais Artificiais, Pedigree, Dormes?

As persoas organizadoras deste certame, de Amarante, AA VV A Xuntanza e Verdegaia, estamos máis que satisfeitas cos resultados da proposta Filmar para Cambiar e coa resposta da xente que participou e que asistiu como público para a votación. Recibimos obras de gran calidade e de alto valor, non só artístico, senón tamén polo seu sentido crítico e de denuncia co sistema socioeconómico no que vivimos. Para nós é moi importante difundir, apoiar e valorar este tipo de obras e agardamos poder proxectalas de novo no futuro.

 

 

 

 

Premios Filmar para Cambiar 2013

 

 

            O pasado 22 de maio, tivo lugar en Compostela a proxección das curtas enviadas ao certame Filmar para Cambiar que organizan as asociacións Amarante, AA VV A Xuntanza e Verdegaia no marco do ciclo de cinema Coñecer para Cambiar. As curtametraxes proxectadas foron:

 

1. Pedigree, Taller de Creación Artística, IES Manuel García Barros de A Estrada

2. Historia de un hombre muerto, Daniel Ibáñez Campos

3. Terra, mar e xente, IES Maximino Romero Lema de Baio

4. Lasaña Nueva Delhi, Sabela Pernas Soto, Tamara Coello García e María Carmen Carballeira

5. Deu centímetres més a prop del cel, Raquel Rei Branco

6. Aforradores. A estafa das Participacións Preferentes e Subordinadas”, Emmanuel Barbazán

7. Sombras, Daniel Suárez García

 

            Por votación do público, as curtametraxes gañadoras do certame son:

 

1. Lasaña Nueva Delhi, Sabela Pernas Soto, Tamara Coello García e María Carmen Carballeira

2. Deu centímetres més a prop del cel, Raquel Rei Branco

3. Pedigree, Taller de Creación Artística do IES Manuel García Barros (A Estrada)

 

            Os premios consistiron en produtos de comercio xusto e produtos de horta. O carácter simbólico destes premios está relacionado coas liñas de traballo dos colectivos organizadores. Por unha banda, reivindicamos o comercio xusto para aqueles produtos que importamos do exterior e que non podemos producir localmente, para que as persoas productoras teñan unha remuneración xusta polo seu traballo e que poidan desempeñar as tarefas produtivas en condicións socioeconómicas xustas e saudables. Por outra banda, defendemos o dereito dos pobos a decidir sobre o xeito de producir os seus propios alimentos en condicións o máis sustentables posible, tanto nos aspectos socioeconómicos como nos ambientais.

           

            En definitiva, pretendemos concienciar sobre a importancia da escolla respecto dos alimentos que consumimos, xa que coa cesta da compra podemos optar por financiar modelos sociais máis sustentables e saudables có modelo industrial, altamente agresivo coa natureza e coas persoas. Polo tanto consideramos que a nosa alimentación tamén é unha ferramenta de transformación social.

 

            Lasaña Nueva Delhi amosa una reflexión sobre o actual modelo de consumo das sociedades occidentais e de como “a mala ou inexistente xestión dos residuos afecta non só ao territorio no que se producen, senón que tamén degrada o medio ambiente e as condicións de vida de colectivos humanos en países en vía de desenvolvemento, pois son os últimos receptores dos residuos e os que os reintegran ao sistema produtivo logo duns procesos de “reciclaxe” pouco efectivos e perigosos para a saúde”.

 

            As súas autoras combinaron as diferentes disciplinas das que proceden para a creación desta peza. Sabela Pernas ten unha consagrada traxectoria no mundo audiovisual, imparte aulas na Escola de Producción Audiovisual O Raio Verde e traballa no proxecto VideodinamizARTE. Foi finalista en Cans 2012 con Sefa Sound System e as súas obras Ciclo combinado e Take your time foron premiadas no Galiza Crea 2009 e 2006, e ademais de codirixir obras como Road to Gibara (seleccionada no Festival de Cine Pobre de Humberto Solás, Cuba, 2010), colaborar no proxecto TxalaBilbote (seleccionado para o Jet Lag Bio 2011), dirixir Inmyself (seleccionado no CidadeaTravessa 2011 de Rio de Janeiro, Sao Paulo e Lisboa) e Mundo Bazar, fundou e forma parte do colectivo de mulleres cineastas W.IN.C.films de Londres.

 

            Tamara Coello, enxeñeira química, e María Carmen Carballeira, arquitecta, unen a súa experiencia no sector ambiental para dar contido á peza xunto con Sabela Pernas. As tres autoras teñen o firme convencemento de que “a concienciación social é o soporte básico no que se sustenta o cambio a un modelo económico máis sostible e xusto”, e así o amosan na obra gañadora deste certame, que dende o humor e a ironía denuncia unha terrible realidade provocada polos nosos hábitos de consumo.

 

            Dez centímetros máis perto do ceo, dirixida por Raquel Rei, reflexiona sobre a construción do xénero a partir dos zapatos de tacón. “De todos os elementos que se identifican coas mulleres na nosa sociedade, probablemente os zapatos de tacón están entre os máis significativos. E aínda que non podemos entrevistalos ¿que pasaría si convertésemos os tacóns nos protagonistas dun filme? “Deu centímetres més a prop del cel” móstrase como un documental reflexivo de quen mira uns zapatos de tacón e ve unha oportunidade para falar sobre a construción do xénero. Da man da propia directora e acompañada por unha deseñadora de calzado, un podólogo, un deseñador de moda, unha activista feminista, dúas ex-traballadoras do sexo e unha socióloga, o documental emprende unha viaxe para entender ¿por que para ser máis guapas e máis femininas temos que usar tacóns?”.

           

            Raquel Rei realizou esta curtametraxe como estudante do Mestrado Internacional en Documental na Escola de Cinema de Barcelona, onde reside actualmente, pero ten xa unha ampla traxectoria no audiovisual. No 2008 crea, xunto a Andrea Nunes, o colectivo poético-audiovisual As Candongas do Quirombo. Os videopoemas son a súa marca de identidade creando pezas como Cadeas non Apresan, Ceiban Loitas, Helena a Escuras, Coda, Todas as Mulleres que Fun, gañadora de varios premios, e Peça per Peça, que forma parte do filme colectivo Ferida Arrel: María-Mercé Marçal. Buscando novas formas de expresión no 2010 producen A Memoria da Lingua e no 2011 crean Microdocus: do Mar e Outros Ladrillos, curtas documentais de denuncia ambiental centrados na Galiza. Todas as obras das candongas pódense ver en internet en: http://vimeo.com/ascandongas e na páxina persoal de Raquel Rei: http://raquelreibranco.wix.com/raquelrei

 

            Pedigree é un proxecto colectivo do Taller de Creación Artística do IES Manuel García Barros de A Estrada, posto en marcha polo profesor de música Miguel Carbajal, e pretende crear conciencia sobre o trato aos animais. “¿Por que a maioría de cans que son abandonados carecen de pedigree e, pola contra, os touros que morren nas prazas dunha maneira brutal son os de mellor liña xenética ou pedigree? Somos o absurdo dos absurdos”.

 

            O proxecto concretouse nun libro/dvd con relatos relacionados cos animais e inclúe a curtametraxe, o making of e un pequeno documental da canceira municipal de Cambados de onde proceden as imaxes finais da curta. A obra pódese adquirir no propio instituto, en librerías de A Estrada e na Cruz Vermella da vila, organización á que destinarán todo o recadado para colaborar nos proxectos sociais de axuda a familias en situacións críticas. Igualmente, dende o ano 2004 veñen traballando noutros proxectos artísticos e educativos recoñecidos e premiados en diferentes convocatorias: Premios á Acción Maxistral; Premio Crearte; Premios á Innovación Educativa; Premios de Teatro Buero Vallejo; Premios de Teatro do Miño, Galiza e Portugal e Teatro na Vangarda. Todos estes traballos fanse de maneira altruista e maioritariamente extraescolar. Deixamos enlace a algunhas das súas creacións: Dairas, Animais Artificiais, Pedigree, Dormes ?

 

            As persoas organizadoras deste certame, de Amarante, AA VV A Xuntanza e Verdegaia, estamos máis que satisfeitas cos resultados da proposta Filmar para Cambiar e coa resposta da xente que participou e que asistiu como público para a votación. Recibimos obras de gran calidade e de alto valor, non só artístico, senón tamén polo seu sentido crítico e de denuncia co sistema socioeconómico no que vivimos. Para nós é moi importante difundir, apoiar e valorar este tipo de obras e agardamos poder proxectalas de novo no futuro.

 

 

Para máis información:

– Sonia (AV A Xuntanza) 619 241 653. Correo: soigca@gmail.com

– Raquel González (Amarante) 696 122 542. Correo:  raquel.lanegraflor@gmail.com

– Bea (Verdegaia). Correo: bea_c.glez@yahoo.es

Normal 0 false false false GL X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4