O Movemento Veciñal Fousas ao Monte e a Comunidade de Monte Veciñal en Mancomún O Fieitoso (Taragoña, Rianxo) entrega ás Brigadas Deseucaliptizadoras un recoñecemento pola defensa do colectivo e comunitario, así como pola loita por un territorio vivo e habitado, libre de invasoras e do dominio de extracción por lucro.
O acto terá lugar o Sábado 31 de Maio en Filgueiras, Taragoña, ás 13:30h, no marco da IV edición da ROMARÍA DAS FOUSAS.
Romaría das Fousas
O monte de Filgueiras acolle o sábado 31 de maio a IV Romaría das Fousas, organizada polo colectivo Fousas ao monte ao abeiro do seu incansábel traballo pola difusión e o impulso dunha xestión alternativa do monte, sustentábel e afastada do monocultivo.
O programa de actividades inclúe deporte, música e faladoiros para desfrutar dunha xornada festiva e reinvindicativa no noso monte.
No transcurso do evento entregaranse os Premios Fousellos de Ouro, que recoñece o labor de persoas ou entidades que están a traballar, dende o asociacionismo ou o voluntariado, pola mellora da biodiversidade, a loita contra as especies invasoras e a xestión ordenada e sostíbel do monte e do territorio.




















