Após o peche hai uns anos da central nuclear de Vandellós I, por un gravnuclear_non.jpge accidente, e o máis recente de Zorita, o movemento ecoloxista reclama o peche inmediato de Garoña e un calendario para o peche escalonado de todas as  nucleares. Ecologistas en Acción valorou positivamente as declaracións de Zapatero no último “Debate sobre o Estado da Nación” sobre o mantemento do compromiso electoral de peche progresivo das nucleares.

Verdegaia oponse á enerxía nuclear por considerar que é unha forma de enerxía innecesaria, insegura, perigosa e insustentábel. Neste senso, apoia o manifesto polo peche das centrais nucleares promovido por Ecologistas en Acción e Greenpeace e apoiado por outras organizacións e plataformas. Máis abaixo, podes descargar o seu texto completo en galego.

O PSOE comprometeuse durante a última campaña para as eleccións xerais co peche escalonado das centrais nucleares españolas, mantendo a garantía de subministro eléctrico e cun alto consenso social. A primeira condición é posíbel, se se ten en conta o potencial do aforro e das renovábeis e que só 7.700 dos 73.000 MW da potencia eléctrica española son nucleares. Sobre o cumprimento da segunda condición non hai dúbidas: os estudos de opinión sinalan que a grande maioría da poboación española, incluída a galega, é contraria á enerxía nuclear.

Canto máis tempo funcionen as centrais nucleares, maior volume de residuos radiactivos haberá que xestionar. Dado que non existe hoxe ningunha opción de tratamento boa, resulta prioritario minimizar a xeración destes residuos tan perigosos. De acordo coas informacións divulgadas até hoxe, parece máis que improbábel que Galicia acolla o Almacén Temporal Centralizado (ATC) destinado ao depósito dos residuos das nucleares españolas para o que se está a procurar nestes momentos un emprazamento. Ecologistas en Acción e Greenpace oporanse ao ATC mentres non se estableza un calendario para o peche das nucleares.

Manifesto polo peche das centrais nucleares.pdf

Máis información:

Web sobre enerxía nuclear de Ecologistas en Acción