A Plataforma pola defensa de Torneiros, na que participa Verdegaia, celebra este Domingo 9 de Outubro a segunda asemblea. Será ás 11:30 na AV de San Salvador de Torneiros (O Porriño).
Os puntos a tratar na orde do día serán os seguintes:
- Lectura da acta anterior
- Breve introdución sobre o proxecto do Centro de Servizos ó Transporte de Zona Franca e en que medida nos afecta.
- Situación actual do proxecto e pasos dados até agora pola plataforma.
- Propostas de accións próximas e pasos a dar no futuro.
- Rogos e preguntas
Esta plataforma xorde para opoñerse á construción dun Centro de transporte. Un novo polígono de 25 hectáreas promovida pola Zona Franca de Vigo que constará dun aparcadoiro para camións e servizos para os camioneiros (hostal, restaurante, gasolineira…)
O centro de transporte previsto conta cunha superficie desproporcionada que implicará a expropiación de casas e o aumento significativo do tráfico de vehículos pesados nunha zona residencial. A superficie utilizada leva a pensar que máis tarde aproveitarán a construción para darlle outro uso, nun claro exemplo de megaproxecto para que as administracións implicadas reciban partidas dos fondos Next Generetion.
Se non podes ir á Asemblea podes colaborar firmando na recollida de sinaturas en chage.org: https://www.change.org/p/evitemos-la-mega-infraestructura-del-centro-de-transportes-de-zona-franca-en-torneiros
