POLA TARDE ROTEIRO POLAS MÁMOAS E MIRADOIROS DO MONTE 

O Monte do Chá é un monte veciñal das parroquias de Brión e Doniños, tras décadas de loita por recuperar a titularidade e xestión veciñal do monte, no ano 2021 conseguiuse a xestión a través da Asociación comuneiros do Chá, que está a desenvolver diferentes proxectos de recuperación dos valores medioambientais, arqueolóxicos e silvopastorais.

Nesta acción repoboaremos aproximadamente dúas hectareas de terreo con frondosas autóctonas (carballos, freixos, castiñeiros, bidueiros, pradairos, amieiros, e tamén algunhas sobreiras e piñeiros do país). O terreo é chao e foi previamente desbrozado polo que o traballo é asequible para todo tipo de voluntariado incluíndo crianzas. Debido á extensión a repoboar estimamos que serán necesarias dúas xornadas.

O punto de encontro será diante da AAVV Castelao de Brión ás 9:00 h da mañá
https://www.google.com/maps/@43.4830336,-8.2685272,18z

Para apuntarse é imprescindible, ademáis de estar inscrit@ como brigadista mandar confirmación ó correo comunidademontesdocha@gmail.com  antes do 3 de febreiro (ou o 10 se ves só á 2ª xornada) indicando o día que participas para facilitar a coordinación e o xantar.

As persoas participantes deberán traer roupa axeitada e luvas de traballo, a ferramenta a usar será o sacho, agradécese a quen poida que traia o propio aínda que a organización disporá dalgúns para quen non teña.

Tras a actuación sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo, para iso e por motivos covid cada persoa deberá traer o seu propio vaso, prato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.

Despois do xantar se hai ganas poderase participar nun roteiro polas mámoas e miradoiros do monte así como coñecer os diferentes proxectos de recuperación en marcha.


Recibe as túas “sabias”

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego. A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria. Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!