O pasado 21 de Outubro unha milicia armada contratada pola transnacional da agroindústria Syngenta matou no acampamento Terra Livre (Paraná, Brasil) o militante do MST Valmir Mota de Oliveira, “Keno”. Via Campesina fai un chamamento a converter o vindeiro 8 de Novembro nunha xornada de acción global contra Syngenta.
En Marzo de 2006 Via Campesina-Brasil ocupou os campos experimentais de transxénicos de Syngenta en Santa Teresa do Oeste, ilegais por estar situados na área de amortiguamento do Parque Nacional do Iguazú. A acción fixo posíbel o estabelecimento dunha sanción de 500 mil dólares a Syngenta, que nunca pagou.
O campo experimental de Syngenta, ademais de estar próximo ao Parque Nacional, é viciño do asentamento do MST que xa existía con anterioridade. No asentamento cultívanse variedades crioulas de millo, ameazadas de contaminación transxénica. Vía Campesina propuxo desde o comezo a transformación do campo de Syngenta nun centro de investigación e produción de sementes agroecolóxicas. A proposta foi apoiada polo gobernador de Paraná e recorrida por Syngenta.
Unha orde xudicial de desaloxo e o clima de violencia levaron ao abandono provisorio do asentamento en Xullo de 2007, á espera dunha resolución definitiva. En Outubro o asentamento foi reocupado para retomar as actividades e presionar para a resolución legal do conflito. A empresa de seguranza NF, contratada por Syngenta, recebeunos con disparos. Non foi un incidente isolado.
Vía Campesina chama a realizar accións de protesta nas oficinas de Syngenta e a entregar oficios nas embaixadas de Suíza (país de orixe de Syngenta) e Brasil coas seguintes demandas:
- Castigo aos actores materiais e intelectuais deste crime
- Expropiación das áreas de Syngenta para a produción de sementes crioulas e que sexan administradas pol@s labreg@s
- Expulsión de Syngenta de Brasil
- Que o goberno de Brasil adopte medidas para asegurar a integridade física d@s labreg@s ameazad@s polos pistoleiros contratados por Syngenta
Vía Campesina tamén chama a:
- Respaldar as iniciativas de Amnistía Internacional no chamado de repudio e condena a Syngenta
- A realizar xornadas de protesta nas embaixadas de Suíza e Brasil, e nas oficinas de Syngenta, 8 de Novembro e 10 de Decembro de 2007, condenando este feito criminal
- Enviar comunicados a:
Governador do Estado do Paraná
Exmo Governador do Estado do Paraná
Sr. Roberto Requião de Mello e Silva
Palácio Iguaçu
Praça Nossa Senhora de Salete, s/nº, 3º andar
Centro Cívico 80.530-909 Curitiba/PR – Brasil
Fax: + 55 41 3350 2935
Saudação: Vossa Excelência/ Your Excellency
Ministro da Justiça
Exmo Ministro da Justiça
Sr. Tarso Genro Esplanada dos Ministérios, Bloco "T"
70712-902 – Brasília/DF – Brasil
Fax: + 55 61 3322-6817
Saudação: Vossa Excelência/ Your Excellency
Copias para:
Secretaria Especial de Direitos Humanos
Exmo. Secretário Especial
Sr. Paulo de Tarso Vannuchi Esplanada dos Ministérios – Bloco "T" – 4º andar
70.064-900 – Brasília/DF – Brasil
Fax: + 55 61 3226 7980
Saudação: Vossa Excelência/ Your Excellency
Copia ao MST Brasil e Via Campesina
Enviar pequeno informe e fotos sobre as accións