fragaseume22.jpgDende Verdegaia propoñemos un paseo guiado polas moitas fragas que conforman este espazo natural e pola memoria dunhas formas de vida que permitiron a súa supervivencia. A actividade celebrarase o próximo 29 de outubro de 2006, saíndo ás 9:30 hs da escalinata da Oficina de Correos de Ferrol. A volta está pensada para o mesmo día ás 18:00 hs e para os desprazamentos cóntase cun microbus gratuíto.

fragaseume11.jpgO termo fraga define varios tipos de bosque, todos eles pertencentes aos denominados bosques atlánticos caducifolio, e é a fraga que se refuxia no val do Eume unha das máis escasas de Europa. O Parque Natural das Fragas do Eume foi declarado en 1997 e comprende 9.125 hectáreas de ladeiras que acompañan o río Eume ao seu paso polos concellos de: As Pontes, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume.

encoroeume.jpgMalia a súa condición de Parque Natural e Lugar de Interese Comunitario, estes bosques veñen sufrindo unha forte fragmentación e redución da súa superficie. A isto súmase o risco de contaminación e de perda do caudal do Eume e afluentes con proxectos como a transformación da mina de Endesa nun grande lago inerte, ou os xa existentes encoro e minicentral.

O percurso ten unha dificultade media-baixa e non se inclúe o xantar dos participantes. Cómpre realizar unha inscripción telefónica ou por email nos teléfonos abaixo indicados.

Percurso: Area recreativa-Ponte colgante, Fraga caída, río Seco-pozo de Cal Grande, pozo da Volta, ponte colgante, Rabuñadas do Demo (límite entre cabanas e A Capela), Desembocadura río Sesil, Woodwardia radicans, dabalia canadiensis, illa de San Rosendo, fieiteiras, río Ferrerias.

Data: 29 de outubro de 2006

Prazo de inscripción: até 27 de outubro.

Teléfonos:

699 89 77 12

616 03 92 68

636 95 87 28

email: ferrol@verdegaia.org

Roteiro_Fragas_Eume.pdf