Este fin de semana pasado (18 e 19 de outubro) Verdegaia participou na Feira Terr@ctiva. Tivemos un posto todo o fin de semana no que non só vendiamos material doutras asociacións e grupos (DVD de Namche Films, camisolas de Galiza Non Se Vende, revistas de Fuco Buxán, libros sobre Reganosa, chapas…) senón que tamén vendiamos os produtos que fixo Verdegaia-Ourense con material de refugallo (cartón e tetra-bricks esencialmente) e o Núcleo Comarcal de Compostela, que colaborou facendo máis moedeiros que nos deu tamén para vender (graciñas!).

Ademais, Xan Duro —da Comisión Permanente de Verdegaia— presentou a campaña Consomes ou Devoras? (cuxa guía de consumo xa está impresa e que en breve contará cun sitio web de seu) e a Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos, mentres que Miguel Pardellas  —responsábel da Área de Educación Ambiental— coordenou un Obradoiro de contrapublicidade.

35_02._domingo_-_presentacin_da_soberana_alimentar.jpg 

42_02._domingo_-_tomando_un_caf.jpg