logo_350.jpgO próximo sábado 24 de outubro celébrase en todo o mundo unha xornada de mobilización por un acordo climático ambicioso e xusto, promovida desde a campaña 350. Volvermos canto antes a unha concentración atmosférica de 350 partes por millón (ppm) de dióxido de carbono (CO2) semella necesario para garantirmos que a mudanza climática en marcha non atinxa unha dimensión catastrófica nas próximas décadas. Verdegaia convocou unha concentración ás 12 h na Praza do Obradoiro de Santiago para defender o obxectivo 350.

A só seis semanas do cumio climático de Copenhague temos que esixir aos gobernos dos países desenvolvidos -comezando polo español e polo galego- que asuman a débeda climática cos países empobrecidos e  que adopten compromisos fortes  para reducir as emisións de gases de invernadoiro e para axudar aos países empobrecidos  na mitigación e adaptación á mudanza climática.

Participa na concentración contribuíndo co teu corpo a debuxar o número 350 na Praza do Obradoiro. Vén cun paraugas negro e con roupa escura. Esperámoste o sábado 24 de outubro ás 12:00!

Máis información:

350.org

Presentación en galego da campaña 350

Os países industrializados bloquean as negociacións por un novo acordo climático