Onte, 18 de maio, Galiza foi clara: a solidariedade co pobo palestino segue e seguirá. O chamamento desde a coordinación de movementos sociais Palestina.gal tivo un grande exito. A voz clara de toda Galiza pedindo o fin do apartheid e o xenocidio que esta a sufrir o pobo palestino ten que cesar de inmediato, así como as políticas coloniais do goberno sionista.

O pasado venres fixemos un acto, recordando o 73 ano da Nakba, o desastre para o pobo palestino, que alá entre os anos 1948 e 1949 comezou a ser expulsado das súas terras, expulsión que inda hoxe segue, unha lenta agonía para a xente da Palestina, que sofren día a día o roubo das súas terras e dos seus dereitos.

É unha convicción forte de Verdegaia de que sen xustiza social non pode existir unha verdadeira sutentabilidade ecolóxica.