Perante os comunicados e as notas de prensa e as declaracións de lideres, desde Verdegaia queremos expresar o noso máis profundo apoio e solidariedade co pobo palestino, o cal vive baixo o xugo da ocupación Sionista.
O goberno xenocida de Netanyahu, asegura que entrou en guerra, mais a masacre leva acontecendo durante os últimos 77 anos, nos que día a día os israelíes incumpren todos os dereitos recollidos na declaración universais dos dereitos humanos cando se trata de someter ao pobo palestino.
Durante este ano son numerosos as violacións contra os dereitos humanos que os colonos israelíes cometen coa poboación palestina, ao que hai que sumarlle os crimes sistemáticos cometidos polo exército de ocupación sionista.
Non nos esquezamos que a ONU na Resolución 194, de 1948, recoñece o dereito de retorno e indemnización das persoas refuxiadas palestinas de aquel conflito. E que este acordo e outros son sistematicamente incumpridos por Israel, o que leva ao conflito armado.
O Pobo palestino oprimido, esquecido pola comunidade internacional, ninguneado polo lobi xudeu que exerce presión nos medios de comunicación, para que non se fale do que realmente está a acontecer en territorio Palestino. Que este conflito non teña a mesma cobertura nin o mesmo trato que o a invasión rusa de Ucrania dá moito que pensar.
As organizacións que defendemos a causa palestina advertimos das consecuencias do bloqueo político, e das provocacións que tanto o goberno israelita como os colonos israelíes cometen, diariamente en lugares sagrados para o pobo palestino, as sistemáticas violacións de dereitos humanos, as matanzas, detencións, xuízos farsa…
E nesta situación, sumándolle o bloqueo a Gaza, as persoas que alí viven xa non teñen moito máis que perder. Parece que o pobo palestino non ten o mesmo dereito que o Ucraniano a defenderse de unha agresión, e que os bombardeos de civís non contan igual en Ucrania que en Palestina.
A solución “máxica” que esperaba a ONU, Israel e Estados Unidos cos acordos de Oslo, non vale!. O pobo palestino ten dereito ao retorno, a non seguir confinados en campos de refuxiadas, a que se paralice a colonización das súas terras por parte do sionismo, que non só ten que parar, senón reverter as ocupacións. En definitiva cumprir as resolución que a ONU leva aprobando, e son sistematicamente incumpridas, desde o ano 1948.
Animamos a participar nas mobilizacións en apoio do pobo Palestino!