Israel segue perpetrando o xenocidio planificado sobre Palestina. Van perto de 10.000 persoas mortas en Gaza, unha boa parte delas crianzas. Mentres, a UE e o resto da chamada “comunidade internacional” seguen mirando pasivamente e dando como resposta o silencio, cando non a complicidade co terrorismo de Estado levado adiante por Israel.
Por iso, animámoste á saír ás rúas unha vez máis, participando nas mobilizacións convocadas para este luns día 6 de novembro, ás 20h nas seguintes localidades e lugares do país.
Poderían incorporarse outras localidades á convocatoria, mantente informado/a nas redes!
Amosemos a nosa solidariedade e o noso rexeitamento a esta aniquilación. Non é unha guerra, é un xenocidio!
Organiza: Plataforma Galiza por Palestina, BDS Galiza, Mar de Lumes e a Asociación Galaico Árabe Jenin
