Esta semana asistimos en Vigo a outro corte de árbores completamente innecesario, nesta ocasión na Avenida Gregorio Espino no treito entre San Roque e Travesía de Vigo como colofón a mais unha ‘humanización’.
Facendo unha alegoría legal, teríamos que clasificar este corte como un arboricidio con aleivosía. Un arboricidio pola morte de seres vivos indefensos e con aleivosía polo modo falso e ruín como foi realizada. Durante a obra protexéronse as árbores mediante a colocación de táboas ao redor do tronco. Inxenuamente consideramos que representaba un cambio na política de coidado das árbores pero unha vez mais o concello asegurouse de defraudarnos e cortou todas as árbores cando a obra xa estaba practicamente rematada.
Sen entrar a valorar a necesidade dos proxectos de renovación das beirarrúas, é importante distinguir proxectos como as escaleiras mecánicas de Gran Vía que implican necesariamente o corte das árbores doutros proxectos como a humanización de Gregorio Espino que para nada implicaba o corte das árbores. Simplemente é outra demostración da total ausencia de sensibilidade ambiental á hora de planificar unha obra pública.
É intolerable que en poucos anos se teñan cortado centenas de árbores das máis diversas especies por unha mera cuestión estética. As árbores non se poden considerar como simple mobiliario urbano, é inadmisible que se cataloguen no mesmo ítem contable que as farolas ou as marquesiñas. Entre outras moitas vantaxes, as árbores desempeñan un papel fundamental para contrarrestar a inxente cantidade de gases de efecto invernadoiro que diariamente xera o tráfico motorizado. Non obstante, a resposta das autoridades municipais segue pasando por marxinalizar os medios de transporte máis sustentables e cortar árbores.
--
Verdegaia is a Galician non-profit, pluralistic, democratic, apartheid and independent ecopacifista association. He was born on April 2, 2006 with the aim of contributing from Galicia to the defense of the environment and the progress in social and global transformation in terms of ecological sustainability, social justice and peace, in the search for an emancipatory exit to the global ecological crisis MetroPCS Payment Online & Offline | MetroPCS Bill Pay Terms & Conditions
One of the best article in recent times. we are like now thanks from MetroPCS Bill Pay | How To Pay MetroPCS Bill Online & Offline
Verdegaia is a Galician non-profit, pluralistic, democratic, apartheid and independent ecopacifista association. He was born on April 2, 2006 with the aim of contributing from Galicia to the defense of the environment and the progress in social and global transformation in terms of ecological sustainability, social justice and peace, in the search for an emancipatory exit to the global ecological crisis Metrobyt mobile payment
One of the best sites in recent times that we have come across
pcsmetrobytmobile.online