Do 9 ao 15 de Agosto, pedaleando entre A Coruña e Ortigueira

Dende aqueles primixenios entre Ortigueira e Ribadeo do ano 2010, demos un salto na nosa xeografía cara ao río Miño (entre Ourense e Baiona) no ano 2014, bordeando A Raia e pasando ao noso benquerido Portugal, para xa optar no ano 2018, por tirar dende Pontevedra até Ribeira. No 2024 retommos onde o deixamos en Ribeira para chegar á Coruña. No 2026 queremos seguir sempre pola costa, voltamos a partir da Coruña para chegar a Ortigueira! Do 9 ao 15 de agosto!

Unha nova oportunidade para coñecer o país, para os da casa e para os de fóra.

Unha semana para gozar da paisaxe, da cultura e da gastronomía galega pedaleando sen presa nas vosas bicicletas.

Outro xeito de viaxar desfrutando do traxecto dun xeito ecolóxico e respectuoso.

En breve abrimos pre-inscricións. Estade atentxs á nosa web!