Un encontro cicloturista por terras galegas
MOBI-LIZA e Verdegaia volven a organizar uns Encontrinhos cicloturistas, será do 3 ao 11 de Agosto dende Ribeira ata Coruña.
Con etapas en Porto do Son, Muros, Corcubión, Camariñas, Laxe e Malpica, teremos unha nova oportunidade para coñecer o país. Unha semana para gozar da paisaxe, da cultura e da gastronomía galega pedalando sen présa nas nosas bicicletas. Outro xeito de viaxar gozando do traxecto dun xeito ecolóxico e respectuoso.
Dende aqueles primixenios entre Ortigueira e Ribadeo do ano 2010, demos un salto na nosa xeografía cara ao río Miño (entre Ourense e Baiona) no ano 2014, bordeando A Raia e pasando ao noso benquerido Portugal, para xa optar no ano 2018, por tirar dende Pontevedra até Ribeira. Neste 2024 retomamos onde o deixaramos, coa intención de conectala coa vosa compaña, con Coruña, sen perder en ningún momento ese espírito que nos conforma coma un espazo de encontro de ciclousuarios e ciclousuarias percorrendo as nosas terras galegas, sempre pola costa!
Tiñamos 130 prazas abertas ao público, pois si, tiñamos. Porque en menos de un día foron todas ocupadas. Xa só fican 5 prazas reservadas para socias de Verdegaia, así que se te animas envía a túa inscrición a info@verdegaia.org ata o 30 de Xuño indicando: nome completo, DNI e se vas participar en todas as etapas ou só algunhas.
A inscrición cobre:
- Seguro de Responsabilidade Civil
- Seguro de Acidentes
- Pernoitas en Pavillóns
- Cea colectiva en Laxe, o xoves 8 de agosto
- Vehículo de apoio
Cota normal: 40€, desconto para socias de Verdegaia: 20€
Camisola (opcional): 15€, desconto para socias de Verdegaia:10€
máis info: https://encontrinhos2024.wordpress.com/