Os abaixo asinantes, organizacións cívicas e sociais galegas e participantes no proceso do Foro Social Mundial dende Xaneiro de 2001, convocamos a un acto cívico de mobilización para expresar dende o noso país, a solidariedade coas principais reivindicacións do movemento antiglobalización.
Por esta razón, convocamos a unha Asemblea de Movementos Sociais Galegos, así como a unha Feira de Asociacións (organizacións interesadas, contactar antes do 15 de xaneiro con info@altermundo.org), para o día de mobilización e acción global que este ano sustitúe ó Foro Social Mundial centralizado.
A Asemblea e a Feira realizaranse na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, o día 26 de xaneiro do 2008 ás 11:30 da mañá. O obxectivo desta Asemblea, escollida para manter o confronto co Foro Económico Mundial de Davos, encontro da elite neoliberal que acontece sempre no mes de xaneiro desa vila alpina, será o de iniciar a andaina necesaria cara un Foro Social Galego (FSG).
O noso compromiso coa realidade local é o noso compromiso coa transformación global:
-
Contra a globalización neoliberal
-
Para erradicar a pobreza
-
Pola paz e contra o armamentismo
-
Pola profunda reforma do sistema de institucións internacionais
-
Abolición da débeda externa
-
Igualdade real das mulleres
-
Sustentabilidade ecolóxica
-
Defensa dos recursos naturais
-
Sobreranía dos pobos
-
Agricultura e alimentación fóra da OMC
-
Recoñecemento do dereito dos pobos á Soberanía Alimentaria
As asociacións impulsoras da creación do Foro Social Galego (FSG) son as seguintes:
-
Seminario Galego de Educación para a Paz
-
Fundación Galiza Sempre
-
Marcha Mundial das Mulleres
-
Sindicato Labrego Galego
-
CIG
-
CCOO
-
UXT
-
STEG (Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza)
-
Coordinadora Galega de ONGDs
-
ADEGA
-
Verdegaia
Adhesións de persoas e organizacións:
As persoas ou organizacións que desexen integrarse neste proxecto, deberán dirixirse a: info@altermundo.org, paz@sgep.org, fgs@galizasempre.org.