Este ano volvemos participar nas Olimpíadas Populares Galegas (OPG) que se celebran o fin de semana do 10 ao 12 de Xuño no Parque da Seca en Poio, unha zona recreativa na marxe dereita da ría de Pontevedra (https://goo.gl/maps/gPd9gtqkDFrKzz638).
As Olimpíadas Populares Galegas, organizadas polo Quilombo, son un espazo de convivencia, amizade e competición deportiva, para asociacións e centros sociais que desexan participar da nosa tradición de xogo e deporte, desde un compromiso co feminismo, o ecoloxismo e de defensa e promoción de Galiza.
Pola experiencia en edicións anteriores, as probas realízanse en ambiente festivo e moi relaxado. É máis un espazo de convivencia que outra cousa e os participantes non teñen que estar presentes todo o tempo, de feito hai xente que asiste/participa a unha proba e marcha.
Nas probas por equipa non hai límite pero nas probas individuais cada atleta pode participar ata nun máximo de tres probas.
A participación é gratuíta e inclúe o seguro de accidentes, os almorzos da maña do sábado e do domingo, uso de baños e duchas, acampada as dúas noites, uso da zona de acampada para caravanas e furgonetas e una ruta guiada polos Muíños da Freixa.
As competicións deste ano son:
Venres
- 20:30 – Fútbol gaélico (torneo de penaltis)
Sábado
- 10:00 – Triatlón
- 11:00 – Lanzamento da boina
- 11:30 – Lanzamento do sacho
- 12:00 – Brilé
- 13:00 – Salto
- 13:30 – Pentasalto
- 16:00 – Billarda
- 16:00 – Xadrez
- 17:30 – Chave
- 18:00 – Loita
- 18:30 – Fisga
- 19:30 – Corda
- 20:30 – 100m
- 21:00 – 4x100m
Domingo
- 10:00 – 5000m
- 11:30 – Volei
- 16:00 – Pano
Non todo son actividades deportivas: haberá foliada, roteiros e obradoiros.