Montarase un posto nas inmediacións da rúa Príncipe e rúa Colón. Sobre a mesa colocaranse agasallos. A mensaxe da acción será “O TEU AGASALLO DA UNIÓN EUROPEA: O TRATADO DE LISBOA” e entregaránse sobres-regalo, dentro dos cales incluírase información sobre o Tratado de Lisboa e as súas consecuencias, incidindo no seu carácter antidemocrático, antisocial, belicista e anti-ecolóxico, con mensaxes irónicas do tipo: “¡Non penses, os políticos faranno por ti!” e remisións a unha páxina web para ampliar información. Todo acompañado de personas disfrazadas que animarán e dinamizarán a acción, atraendo á xente.
O proceso de redacción do Tratado, como a aprobación, – o texto non vai ser sometido a referéndum nos estados da UE- evidencian o carácter antidemocrático do proxecto europeo. Tras o rexeitamento en Francia e Holanda, da Constitución Europea (predecesora do Tratado), as institucións comunitarias decidiron pasar por riba d@s europe@s facendo o menor ruído posible.
Tamén convocamos aos medios de comunicación para cubrir a noticia.
Lugar: No cruce da rúa Príncipe con Colón (á altura da farola).
Hora: 18:00
Día: Sábado, 19 de enero de 2008
Máis información: 619 94 90 53