Vemo-no no Monte! (Proxecto Erasmus+)
O fin de semana do 3 e 4 de xuño presentaremos este proxecto na feira MakerFaire no Museo da Cidade da Cultura.
Estaremos no espazo de Xornadas abertas cun posto no que se presentará este proxecto Vemo-nos no Monte!, rede transfronteiriza de brigadas semiprofesionais que realizan actuacións contra especies exóticas invasoras en hábitats galegos e do norte de Portugal.
En que consiste?
O proxecto ‘Vémo-nos non Monte!’ céntrase na aprendizaxe de adultos baseado no traballo práctico (learning by doing) buscando xerar unha mellor formación na xestión de especies exóticas invasoras (EEI), con énfases no xénero acacia (principalmente Acacia melanoxylon e Acaciadealbata). Estas especies, e tamén o eucalipto, teñen un impacto significativo na deterioración dos ecosistemas, o aumento do risco deincendios forestais e constitúen, por tanto, un enorme problema, con repercusións millonarias para as Administracións.
Iniciado oficialmente o 1 de marzo de 2022 “Vémonos non Monte!” é unha iniciativa de 18 meses de duración financiada polo programa Erasmus+ na convocatoria 2021-22(acción KA2) que busca promover a cooperación entre organizacións e institucións de diferentes países.
Cal é a finalidade?
A motivación de “Vémonos non Monte!” foi/é a necesidade de axuntar esforzos entre varias asociacións ecoloxistas que, desde hai varios anos,veñen traballando na problemática ambiental antes mencionada en Galicia e o Norte de Portugal. Co obxectivo de coidaros espazos naturais máis vulnerables fronte ao problema común da expansión de especies exóticas invasoras (EEI), organizáronse brigadas de voluntarios para cortar acacias e eucaliptos.
No transcurso destas accións, identificáronse varias demandas, tales como: i) a necesidade de formar ás persoas (que forman parte da comunidade) no uso das especies exóticas invasoras. Persoas (que forman parte de movementos comunitarios e sociais) que se están activando e agrupando ao redor de conflitos ambientais locais/rexionais e transnacionales, coa ambición de promover tamén a mestizaxe xeracional e a fertilización cruzada; así mesmo, a necesidade de colaborar entre entidades dos territorios veciños de Galicia e Norte de Portugal para o intercambio de coñecementos e boas prácticas.
Como funciona?
“Vémo-nos non Monte” está a levar a cabo un amplo programa de actividades composto por seminarios, presentacións, intervencións teórico-prácticas sobre erradicación e control de especies exóticas, talleres de formación técnica, elaboración de guías, unidades didácticas e reportaxes audiovisuais, entre outras moitas iniciativas, tanto transfronteirizas como locais. Ademais dos formadores e formandos, outros beneficiarios de “Vémonos non Monte!” serán tamén as Comunidades de Montes Veciñais(“Comunidades de Montes en Man Común” en galego) e os propietarios de parcelas de monte da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal, xa que poderán contar coa intervención das brigadas formadas a partir deste proxecto.Todos os materiais producidos no proxecto estarán dispoñibles en modo de acceso aberto a través da web “Vémonos non Monte!”.
Quen realiza o proxecto?
Trátase dun proxecto promovido polo Centro de Estudos Eurorrexionais de Galicia e Norte de Portugal (CEER) como coordinador, a Fundación Montescola e Verdegaia por parte galega e, por parte portuguesa, a iniciativa cultural À escuta e recentemente a Associação Veredas dá Estrela.