Tras un alongado parón estival, o núcleo de Ponteveda recobra vida e retoma as súas actividades. Detallamos a continuación un borrador do programa previsto para o restante do 2010 e o vindeiro 2011.
Inauguración do novo local de Amarante: o día 30 de outubro na rúa San Román nº9 baixo.
Videoforum:
Trala apertura do novo local de Amarante e en vistas da disposición dunha mini-sala que pode acoller 15-20 persoas, decidimos crear un pequeno ciclo de cine co visionado de tres documentais, tralo cal se realizará un debate e intercambio de ideas. As sesións previstas son as seguintes:
17 de Novembro: visionado do documental “Trueque” (53´), temática: consumo responsable. Modera: Adrián Serantes.
Xoves, 2 de Decembro: visionado do documental “Las Montañas del Norte” (35´), temática: biodiversidade. Modera: Rubén Portas (www.cordilleracantabrica.org).
Mércores, 15 de Decembro: visionado do documental “Gran Superficie” (59´), temática: denuncia e concienciación social. Modera: Soledad Cabanelas
Mercadillo de troco:
Seguiremos co mercadillo de troco na praza da ferrería nas seguintes datas:
6 e 20 de novembro
4 e 18 de decembro
Pregamos que aportedes cousiñas para trocar.
Roteiros:
– 13 e 14 de novembro: Prospección micolóxica na Serra do Cando e charlas sobre os cogumelos que corren a cargo de Puri Lorenzo (Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo).
– 10 de decembro : Saída ao observatorio astronómico de Forcarei.
– 19 de decembro: Saída ornitolóxica polo Complexo intermareal Umia- o Grove.
– Xaneiro: Saída ornitolóxica pola Enseada de San Simón (data pendente de confirmar).
– 19 de Febreiro: Roteiro polos chouzos do Suído guiado por Pablo Sierra.
– Marzo: Roteiro polo río Verdugo.
– Roteiro pola Serra do Cando guiado por Calros Solla (Autor do libro: "Monte do Seixo, a montaña Máxica"). Data pendente de confirmar.
Coa chegada da primavera voltarán as saídas de campo destinadas á mostraxe de fauna e flora na Serra do Cando, o espazo da Rede Natura apadriñado polo NC. Posiblemente habrá saídas herpetolóxicas, botánicas, micolóxicas, entomolóxicas, sondeo de micromamíferos (Arvicola sapidus, Galemys pyrenaicus, etc), censos ornitolóxicos, seguimento de caixas niño, etc.
O obxectivo final destas prospeccións é a realización dun libro sobre os valores naturais da Serra e as súas ameazas.
Colgaremos máis información sobre cada actividade. Agardamos que socios e non socios, vos animedes a participar. Para calquera dúbida, non dubidedes en contactarnos no seguinte correo:
pontevedra@verdegaia.org