Axeitado para tódalas idades pola súa baixa dificultade, este roteiro busca achegar á cidadanía en xeral o coñecemento da ría de Ortigueira, que conta con varias figuras de protección, e forma parte da Rede Natura 2000.

Trátase de disfrutar do contorno, das paisaxes…Faranse varias paradas explicativas e unha visita ao muíño de vento situado no Campo da Torre, recentemente restaurado. O xantar farase no camiño e se o tempo acompaña haberá tempo de sobra para un baño na praia de Morouzos. Aconséllase levar calzado cómodo, bañador e toalla, xantar, auga, prismáticos, cámara fotográfica, crema protectora solar, gafas de sol,gorra. . . . .

Como modo de fomentar o transporte sustentábel, os desprazamentos faranse en tren. A hora de saída será ás 10.15 na estación de FEVE de Ferrol e a hora de volta as 21.10h.

Contacto 

roteiro-ortigueira